Renomear de xeito masivo os ficheiros significa renomear varios ficheiros dunha soa vez usando algún criterio, que se aplica a polo menos un dos ficheiros. Thunar
inclúe un renomeador masivo, o cal se pode executar indepentemente usando o comando Thunar -B ou tamén dende Thunar
seleccionando dous ou máis ficheiros na zona principal e premendo F2 ou seleccionando → no menú principal.
Os Renomeadores masivos poden usarse para alterar o nomes dos ficheiros, o sufixo dos ficheiros ou tanto o nome como o sufixo dos ficheiros. Na actualidade Thunar
soporta os seguintes Renomeadores masivos:
Eliminar caracteres.
Numerar os ficheiros.
Inserir data ou hora.
Inserir caracteres ou sobrescribir caracteres.
Buscar e substituír caracteres.
Convert to uppercase, lowercase or camlcase.
Pódense instalar Renomeadores masivos adicionais como engadidos de Thunar
. Visite o sitio web de Engadidos de Thunar para consultar as extensións dispoñibles. A Wiki do proxecto Thunar contén detalles adicionais sobre esta funcionalidade. Síntase libre de engadir máis información á wiki.
Aínda que o xestor de ficheiros Thunar realiza ben o traballo de abstraer os detalles do sistema de ficheiros subxacente, de xeito que o usuario non precisa preocuparse del, a veces é útil comprender os conceptos básicos para ter unha comprensión total. Esta sección intenta dar unha pequena introdución aos conceptos do sistema de ficheiros de UNIX, que usan hoxe en día todas as encarnacións de UNIX, incluíndo Linux.
Nun sistema de ficheiros UNIX todos os cartafoles están dispostos nunha sinxela estrutura de árbore invertida que descende e se bifurca dende un único cartafol superior, que se chama directorio raíz (o termo directorio úsase a miúdo en vez de cartafol) e se mostra como Sistema de ficheiros en Thunar. Isto significa que pode chegar dende calquera cartafol a calquera outro subindo pola árbore ata chegar a unha raíz común, e despois baixar pola árbore polos subcartafoles apropiados ata chegar ao destino.
A posición de calquera ficheiro ou cartafol na árbore pode describirse ca súa ruta. A ruta é a lista de cartafoles polos que ten que descender ata chegar ao cartafol ou ficheiro destino, comezando dende o cartafol superior. Por exemplo /home/xiana
é o subcartafol xiana
do subcartafol home
do cartafol superior, e /home/xiana/omeuficheiro.txt
é o ficheiro omeuficheiro.txt
que está nese cartafol. A /
inicial desas rutas representa ao cartafol superior (cartafol raíz).
Cada usuario ten o seu propio cartafol para gardar os seus ficheiros e configuracións persoais. Este cartafol chámase directorio persoal e móstrase en Thunar como unha icona especial co nome de usuario do usuario. O cartafol é similar ao cartafol Os meus ficheiros de Windows. Os directorios persoais de varios usuarios do mesmo sistema normalmente están situados no cartafol /home
. Por exemplo /home/xiana
será o directorio persoal da usuaria que teña o nome de usuario xiana
, mentres que /home/brais
será o directorio do usuario co nome de usuario brais
.
Pode que escoitara algunha vez que todo é un ficheiro en UNIX. Isto é certo para a maioría dos obxectos presentes nos sistemas UNIX hoxe en día. De feito incluso os dispositivos se representan como ficheiros especiais. Aínda que isto pode non ter sentido ao principio, é unha das grandes vantaxes de UNIX e os seus derivados, e contribuiu a manter un núcleo simple co paso dos anos mentres outros sistemas operativos tiveron que introducir novos conceptos para cada nova tecnoloxía.
Estes son os catro tipos de ficheiros máis importantes no sistema de ficheiros de UNIX.
Un ficheiro normal pode conter texto, un programa ou outros datos. Isto inclúe ficheiros de imaxe, ficheiros de son, documentos de oficina e ficheiros de vídeo. O termo ficheiro úsase a miúdo para refirirse a un ficheiro normal.
Os cartafoles tamén son ficheiros no sistema de ficheiros de UNIX. Para ser exactos é un ficheiro especial, que contén unha relación de nomes de ficheiros e referencias de ficheiros por cada ficheiro contido nese cartafol.
Unha Ligazón simbólica (a miúdo chamada symlink) é un ficheiro especial que contén a ruta doutro ficheiro do sistema de ficheiros. As ligazóns simbólicas non conteñen polo tanto ningunha información útil, simplemente apuntan a outros ficheiros.